Cedeira supera en dez puntos á media galega na Reciclaxe de Vidro

Casal felicita á veciñanza, á que invita a “continuar nesta senda”

O titular da Concellería de Medio Ambiente, Camilo Casal, felicita á veciñanza por situar a Cedeira á mesma altura de comunidades como Baleares, País Vasco e Navarra que están á cabeza no que a reciclaxe de vidro se refire.

Segundo Casal, nos dous últimos anos (2016-2017) no municipio recolléronse 177,4 e 174,5 toneladas de vidro, respectivamente. Estes datos representan que por cada habitante e ano foron recuperados arredor de 25 quilogramos, unha porcentaxe moi superior á media de Galicia, que está en 15, e tamén da española, que é de 16 quilogramos.

Aínda así, desde a Concellería de Medio Ambiente séguese a insistir na necesidade de reciclar para garantir a conservación do medio natural e recálcanse algúns datos que son claves para entender o que representa un xesto tan sinxelo como o de levar as botellas ao contedor de cor azul. Neste sentido, Casal destacou que “o vidro se recicla moitas veces, case indefinidamente” e que nun país como España, coa reciclaxe de 752.000 toneladas ao año, se evita a emisión de medio millón de toneladas de CO2 (dióxido de carbono, o gas que máis condiciona o cambio climático), deixan de extraerse 900.000 toneladas de materias primas e se aforra a enerxía consumida no conxunto dos hospitais españoles durante todo un ano.

O concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, invita aos cederenses a “continuar nesta senda”.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Reciclaxe, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.