Un exito o ” Certame de Tapas de Merluza ” de Cedeira

Houbo locais nos que se serviron máis de 400 tapas

A resposta da xente está a ser espectacular, tal e como apunta o Concello e mesmo a Confraría de Pescadores con respecto ás celebracións que estes días teñen lugar na vila de Cedeira, no marco da Festa da Merluza da Volanta.

A programación arrincou a pasada fin de semana coa celebración da segunda edición do certame de tapas, unha convocatoria na que tomaron parte un total de 16 establecementos de hostalaría con propostas tan variadas como pudin ou lombo de merluza en empanada caseira. En algúns destes locais vendéronse máis de 400 racións e noutros directamente esgotáronse.

En función destes resultados, a organización vén de tomar o acordo de incrementar o número de establecementos premiados, que pasa dun a tres. “É a maneira que ten o Concello de recoñecer a altísima participación e a implicación do sector da hostalaría na promoción da gastronomía local”, segundo apuntou a concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez. O equipo de goberno, que tamén está moi satisfeito polo éxito da convocatoria, aproveitou para anunciar que o Concello está a barallar a celebración doutro certame de tapas coincidindo co Samaín.

A entrega destes galardóns terá lugar o domingo, xa na recta final da segunda edición da Festa da Merluza. No transcurso deste acto, que será ás dúas da tarde, tamén se celebrará o sorteo da cea para dúas persoas entre as tarxetas do público.

A festa gastronómica desta fin de semana arrincará o sábado coa apertura, ás doce, da carpa climatizada na que se servirán as 1.000 racións previstas.

Trátase dunha estrutura situada a carón da sede do pósito local, con capacidade suficiente e especialmente decorada para a ocasión. A sesión vermú, prevista para as 14.00 horas, estará amenizada por “Blues do País e o Sindicato da Taberna”.

Ademais haberá visitas guiadas á exposición permanente do Museo Mares de Cedeira, que serán as 11.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas, e obradoiros sobre costura de redes e manualidades ás 12.00 e 17.30 horas.

A degustación non se interrumpirá ata as doce da noite. Ao día seguinte, a xornada gastronómica será de 12.00 do mediodía ata as sete da tarde e inmediatamente despóis da entrega de premios dará comezo a sesión vermú coa actuación de “Pablo Balseiro e los Cascarillas”.

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Festa da Pescada, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Gastronomía. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.