Creese que o Monumento con forno tivo unha estancia parcialmente cuberta

A segunda fase da escavación arqueolóxica que o equipo de Emilio Ramil está a levar a cabo no Campo do Castro, no municipio de Cedeira, está a deparar novas sorpresas.

A presenza dun pé dunha columna no monumento con forno fai pensar aos expertos que a estrutura tivo unha estancia parcialmente cuberta a modo de soportal.

De se confirmar esta posibilidade sería unha singularidade máis dun lugar xa relevante por acoller a quinta pedra formosa de Galicia localizada durante os primeiros traballos realizados na zona no mes de decembro.

Un forno perfectamente conservado e o acceso ao monumento enlousado son outras das
riquezas descubertas nesta nova intervención arqueolóxica financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Os traballos, se o tempo o permite, terán finalizado nos primeiros días do próximo mes de abril. O investimento supera os 18.000 euros.

O Campo do Castro, situado na zona costeira do Sarridal, constitúe unha evidencia máis da presenza de civilizacións anteriores á romana neste municipio da comarca de Ferrol.

Unhas iniciais sondaxes puxeron sobre a pista aos expertos sobre a posible existencia dun asentamento galaico-romano, unha evidencia que meses despois sería confirmada coa realización da primeira  intervención na zona.

Nesa actuación, ademais de moitos restos de cerámica, saíron á luz as estruturas  dun complexo arquitectónico vencellado ao mundo castrexo e pensado para tomar baños de vapor e do que formaba parte a pedra formosa.

Un atrio, unha antecámara -na que tamén existe un banco-, unha cámara e a entrada ao forno son outros espazos tamén recuperados e nos que aínda se está a traballar para tratar de extraer toda a información posible.

Cunha terceira  escavación, financiada polo goberno cedeires, prevese a posta en valor de todo o monumento para que forme parte da riqueza histórica e monumental de Cedeira.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.