XVII Gala do Deporte de Cedeira, maña venres 13 de abril

Joaquín Montero Gómez, actual campeón de España de Remo Olímpico e membro da Federación absoluta en dito deporte, será este ano o invitado á XVII Gala  do Deporte de Cedeira que se celebrará mañá venres no pavillón polideportivo municipal.

A convocatoria dará comezo ás 21.00 horas e estará presidida polo alcalde, Pablo Moreda, e polo concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, entre outros membros da corporación cedeirense.

No transcurso da Gala será elixido o Mellor Deportista Cedeirés do Ano, haberá mencións especiais e serán premiados máis de trinta deportistas locais nas disciplinas de natación, triatlón, atletismo, deporte adaptado, karate, fútbol e remo.

Nota.- A información e fotos da Gala pasaranse o sábado, día 14.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Deporte e Saude, Deporte na rúa, Deportes, Fotos de Cedeira, Gala deporte, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.