Educación Viaria e Mobilidade dos alumnos CEIP Nicolás del Río e do IES Punta Candieira

O Concello de Cedeira, a través da concellería de Educación, e a Policía Local volven a poñerse ao frente da Semana de Educación Viaria e Mobilidade que arrincou o luns e que ten como destinatarios aos alumnos do CEIP Nicolás del Río e do IES Punta Candieira.

A programación é tan ampla como variada, ademais de presentar importantes novidades con respecto á súa primeira edición. Este ano haberá actividades específicas dirixidas aos pais e prácticas en coches de autoescola para os alumnos do instituto, que tamén poderán experimentar diferentes graos de reacción na condución gracias a unhas lentes que simulan os efectos de intoxicacións por alcohol, drogas ou medicamentos. Esta experiencia complementarase con charlas impartidas por persoal das entidades Stop Accidentes e Aeslema (Asociación para el Estudio de la Lesión Medular Espinal).

Da man de voluntarios de Protección Civil os estudantes tamén tomarán parte nun simulacro de evacuación dun transporte escolar e grazas á colaboración da asociación Sobre Rodas percorreran en cadeiras de rodas o centro urbano para coñecer a problemática á que se enfrontan moitas persoas no seu día a día á hora de facer desprazamentos.

Tamén forman parte das actividades que estes días os nenos estean a dirixir o tráfico tanto
a saída como á entrada dos centros escolares e que xa preparen, como remate destes sete días  de Educación Viaria, a celebración dunha xornada dedicada á bicicleta. Será o venres. Ese día estará prohibido o uso de vehículos para acceder ao CEIP Nicolás del Río, de maneira que a vía será ocupada por bicicletas, patines e monopatíns, unha posibilidade aberta tanto a pais como a alumnos.

A organización, que tamén conta coa colaboración da autoescola Xecas, entende que estas
actividades e coñecementos terían que formar parte do programa educativo co fin de evitar accidentes de tráfico e para humanizar as cidades con hábitos máis sociais por parte de condutores e peóns.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Seguridade Vial, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.