O Concello de Cedeira Mellora alguns camiños, rúas e avenidas

Un total de sete intervencións en outras tantas vías de comunicación son as que deron comezo hai uns días en Cedeira e que estarán rematadas nun prazo de oito semanas.
Son un conxunto de proxectos contratados polo Concello por 98.570,06 euros -o prezo
de licitación era de 118.544.87 euros- e que serán executados pola empresa Lancer Proyectos y Obras SA. Serán máis de 4.700 metros cadrados, no seu conxunto, de novo firme en alguns  camiños, avenidas e rúas de titularidade municipal. O Concello asume a totalidade do investimento.

Os camiños nos que se levarán a cabo melloras son o de Corbeiro, Crónicas e Lamelas. No primeiro a actuación consistirá na extensión dunha capa de macádam de 15 centímetros, na aplicación dun tratamento semiprofundo e nun rego superficial e outro de selado en toda a superficie. No camiño vinculado ao chamado barrio de Crónicas o proxecto dará lugar á canalización dun novo tramo de pluviais, ao fresado do firme en 10 centímetros e a unha nova capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor.

En canto ao camiño de Lamelas, que ten unha lonxitude de 160 metros, o proxecto a realizar afectará a ámbolos marxes da vía e ten como obxectivo acondicionar dous espazos próximos ás vivendas. Realizaranse gabias e instalaranse tamén pasos para salvalas.

As avenidas de España e a de Gaias de Area tamén verán melloradas as súas condicións actuais, no que a seu pavimento se refire, con actuacións que entre as dúas sumarán máis de 2.400 metros cadrados de novos traxectos asfaltados. Así, na avenida de España a intervención levarase a cabo no tramo comprendido entre a intersección coa rúa Pontes de García Rodríguez e o final da estrada e a obra consistirá no fresado do pavimento e nun rego con emulsión asfáltica sobre unha superficie de 630 m2 . No caso de Gaias de Area, a obra dará lugar á eliminación do antigo pavimento, ata un grosor de cinco centímetros, e na instalación dunha capa de mestura bituminosa en quente sobre unha superficie de 1.800 metros cadrados. O tramo obxecto desta intervención é o que se atopa entre a avenida Mañón e a conexión coa estrada DP-2204.

A rúa Regueiro tamén se beneficiará deste investimento municipal coa execución dun proxecto para emilinar as acumulacións de auga que se están a localizar en dous tramos desta calzada. O  problema desaparecerá coa modificación da rasante na intersección coa rúa Salinas e coa a instalación dun sumidoiro á altura do cruce co paseo da Madalena.
Tamén no entorno do paseo marítimo, máis concretamente no camiño de acceso ao porto local, o Concello contempla a reposición dos camiños de aglomerado existentes na zona axardinada e que permiten o paseo peonil a carón do mar. Esta última intervención será a base de rego de imprimación máis capa de aglomerado de cinco centímetros. En todas as intervencións previstas tamén se contempla a adaptación das tapas dos rexistros ás novas rasantes das infraestruturas xa tratadas.

A esté este ano tanpouco lle toca, ¡ ECHE O QUE HAI ! 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s