«Hai que poñer en valor as garitas de vixilancia de Bares, Espasante e Cedeira»

Foto: Garita de Eixil (Cedeira)

O profesor e investigador Xosé María Leal falará da protección da costa cantábrica fronte a corsarios e ingleses, hoxe en Espasante

A. F. C.

«A morte vén do mar. Corsarios, ingleses e peste na Galicia cantábrica» é o suxestivo título da conferencia que o profesor de ensino medio e investigador da Universidade de Santiago de Compostela Xosé María Leal Bóveda (Asturias, 1958) ofrecerá hoxe, ás 20.30 horas, no centro social de Espasante, organizada polo Concello de Ortigueira, coa colaboración do colectivo Terras do Ortegal. Aproveita, por certo, para reivindicar a Galicia cantábrica, «esquecida polos historiadores, para os que non existe».

-O título resulta suxestivo…

-É que a morte vén do mar, ou viña do mar. Os Austrias e os Borbóns deixaron desprotexida a costa do Cantábrico galego, dedicáronse a protexer vilas importantes, Baiona, Vigo e A Coruña, e a partir do século XVIII, Ferrol, cando se converte en capital departamental. Pero as do Cantábrico, que eran as que recibían en primeira liña as tropelías dos corsarios, dos ingleses e das pestes que viñan do comercio co Norte de Europa, estaban totalmente desprotexidas.

-¿Que papel xogan as garitas, que se conservan en Espasante, Bares ou Cedeira?

-A única protección que tiña a zona eran as atalaias ou garitas de vixilancia, situadas no alto dos cantís, onde cada veciño home facía gardas de 24 horas, e cando vían unha vela sospeitosas a súa obriga era acender lume, con toxos ou co que fora, para chamar a atención da vila, na que tocaban a rebato as campás da igrexa, e os homes debían acudir a defenderse, como podían, con fusís ou con fouces, dos corsarios, dos ingleses…

-¿Como se protexían das epidemias?

-Ancoraban as embarcacións e deixábanas en corentena, e se sospeitaban que viña algún afectado, enviábano ao lazareto.

-¿Como se organizaban?

-A defensa corría a cargo dos homes de máis de 16 anos, unha especie de milicia civil, organizada en trozos, dirixidos por algunha persoa que tivera actividade militar ou recoñecemento na vila. Os nenos e as mulleres, se na vila non había muralla, coma en Viveiro, para refuxiarse, metíanse no monte, porque aí os corsarios e os ingleses non ían porque se perdían e perdían o tempo.

-Que importante o papel que desempeñaban as garitas.

-Si, e afortunadamente as de Bares, Espasante e Cedeira están ben conservadas, e hai que poñelas en valor, como elemento patrimonial e como atractivo turístico.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.