A ” XVII Festa do Percebe”, degustación, actividades e venda de marisco da Ría

A vila de Cedeira prepárase estes días para celebrar unha nova edición da Festa do Percebe, que cumpre 17 anos e que como novedade presenta a comercialización de mariscos da ría na “Tenda da Lonxa” durante a celebración do encontro festivo.

Este servizo entrou en funcionamento no mes de xaneiro e localízase nas instalacións da rula.
A cita gastronómica será os días 28 e 29 de xullo, aínda que as actividades darán comezo o
próximo luns cun programa que abarcará toda a semana e no que haberá desde obradoiros para os máis pequenos ata a celebración dunha xornada de pesca infantil, prevista para o venres 27 e organizada polo Concello. A participación nesta última convocatoria é gratuíta, arrincará ás cinco da tarde e será no porto deportivo.

Ademais haberá visitas guiadas o martes, mércores e xoves para que veciños e visitantes poidan coñecer “A nosa ría”, “A Cedeira maniñeira” e “O día dun percebeiro”. As saídas serán ás 11.00, 10.30 e 11.00 horas, respectivamente, e terán como referencia a Casa do Pescador ou a praza do Peixe.

En canto aos obradoiros infantís, impartiranse na Casa do Pescador, darán comezo ás 11.00 horas e axudarán aos nenos a entender mellor o mundo do mar con actividades moi variadas, que van desde “un acuario no teu prato” ata un taller de pegatinas. Estes obradoiros serán os días 23 e 27.

A festa gastronómica do percebe arrincará ás 11.30 do próximo sábado coa apertura dos postos de venda, que un ano máis ocuparán a esplanada do porto pesqueiro. Haberá racións de polbo, empanada e do marisco que dá lugar á celebración desta cita festiva, o percebe. Ademais haberá unha xornada dedicada aos mariscadores e marisco no Museo Mares de Cedeira, a partir das 12.00 horas; pasarrúas, coa actuación da charanga Mekanika, e inchables, a partir de las 17.30 horas, na praza de Area Longa.

Durante a segunda xornada dedicada ao percebe practicamente repítese a mesma
programación, aínda que neste caso, a actuación musical correrá a cargo da banda Vila de
Cedeira. Tanto o sábado como o domingo a exaltación gastronómica será entre as 11.30 e as 19.00 horas..

A organización confía un ano máis na contratación do tren turístico para trasladar aos visitantes desde a vila á esplanada do porto.

O Concello de Cedeira volve a colaborar coa Confraría de Pescadores na organización dun
programa que tamén conta co respaldo da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e da Unión Europea, da man do grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e do proxecto “O sentir mariñeiro”.

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festa do percebe de Cedeira, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.