A Festividade de Santa Aana celébrase con Misa, Procesión e Verbena

O próximo xoves, día 26, é festa local na vila de Cedeira. Celébrase a festividade de Santa Ana, o que dá lugar a unha chea de actos a partir das doce do mediodía.

A esa hora dará comezo unha misa solemne, na que a parte musical correrá a cargo da coral Virxe do Mar.

Ao seu remate sairá a procesión que percorrerá algunhas das principais rúas da zona vella, co acompañamento musical da banda Vila de Cedeira. Dita formación ademais ofrecerá un concerto como remate do programa matinal.

Xa pola tarde-noite, a praza Roxa acollerá a tradicional verbena, que inclúe a actuación da
orquestra “Principal”.

O Concello de Cedeira invita á veciñanza e aos moitos turistas que estes días están a gozar
dunhas xornadas de descanso na vila a sumarse coa súa presencia a estas celebracións.

Presentación Revista

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación Terras do Ortegal para a presentación dun
novo número da revista Terras do Ortegal, que será mañá, día 24, nas instalacións do Palecete municipal, situado no número 19 da avenida Castelao.

O acto dará comezo ás 20.30 horas e no mesmo participará a concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Procesións, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.