Entrega de diplomas aos participantes no último Campus de Fútbol da RFEF

O alcalde, Pablo Moreda, fixo entrega dos diplomas

O auditorio de Cedeira acolleu hoxe a clausura do Campus de Fútbol da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). O alcalde, Pablo Moreda Gil, presidiu un acto que tamén contou coa presenza do representante da Federación Española de Fútbol Jesús Paredes e do xogador Nando, internacional en dúas ocasións coa selección absoluta e lateral
esquerdo tanto no Valencia Club do Fútbol como no Deportivo da Coruña.

Tamén foi adestrador do Somozas entre os anos 2009 e 2011.

Por segundo ano consecutivo a RFEF apostou pola vila de Cedeira como sede do Compus de Fútbol dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre 8 e 17 anos de idade.

A actividade levouse a cabo en dúas quendas, dando comezo o día 15 e finalizando na xornada de mañá día 28 de xullo. As instalacións tanto do campo de fútbol municipal como do pavillón polideportivo acolleron o programa de formación mentres que o colexio público Nicolás del Río foi o lugar de descanso duns rapaces que hoxe recolleron os seus diplomas nun acto no que tamén recibiron o cariño de profesores e do público en xeral.

 

Esta entrada foi publicada en Campus Fútbol Cedeira, Cedeira, Comarcas, Cultura, Deporte e Saude, Deporte na rúa, Deportes, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.