Presentación da Asociación Benestar Animal de Cedeira (ABAC)

O acto será mañá, ás 20.00 horas, na Sala Áncora

O goberno local está xa a traballar coa Asociación Benestar Animal de Cedeira (ABAC), unha entidade á que mañá acompañará no seu acto público de presentación, que terá lugar na Sala Áncora ás oito da tarde.

Os responsables municipais recoñecen que unha agrupación destas características estaba a
faltar no municipio, polo que valoran a súa presenza na vila para tratar de evitar desde o maltrato ata o abandono de animais, ademais de impulsar actividades e proxectos para “reducir a proliferación descontrolada das colonias de gatos, diminuír os conflitos veciñais e mellorar a calidade de vida dos animais”.

Así tamén o confirmou o presidente da entidade, Luis Hernández Cubero, que apuntou a realización de cursos, talleres e actividades de lecer relacionadas coas mascotas, a implantación  do método CES (captura, estelización e solta) para o control de das colonias felinas e o proxecto “Cedeira sen xaneiras”, que inclúe a realización dun censo de animais para posteriormente actuar sobre cada unha de elas.

A Asociación, que foi legalizada esta mesma semana, tamén liderará unha campaña de
concienciación e sensibilización cidadá coa finalidade de inculcar unha actitude de respecto e de responsabilidade cara aos animais e, dacordo co Concello, establecer un protocolo de actuación para que os cans abandonados teñan unha segunda oportunidade antes de se entregar a unha protectora ou refuxio. A entidade promoverá así mesmo a adopción de gatos sociables e o coidado dos que viven nas rúas procurándolles refuxio e realizando campañas de esterilización e control sanitario dos mesmos.

Os responsables da entidade invitan aos veciños a acudir á presentación de ABAC con seus
animais de compañía.

Esta entrada foi publicada en aAsoc. Benes Animal (ABAC), Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.