O Goberno Cedeirés chama a unha concentración pola situación do Centro de Saúde

Esta protesta, prevista para o martes ás 11.30 horas, é a segunda despois
da que xa tivo lugar en outubro pasado

O goberno de Cedeira convoca para ás 11.30 do próximo martes, día 14 de agosto, unha concentración diante do centro de saúde. As razóns son as mesmas que motivaron una mobilización en outubro pasado: a falta de persoal suficiente para atender o incremento de poboación que se produce durante os meses de verán. A anterior mobilización foi secundada masivamente pola veciñanza, políticos e facultativos.

O executivo local entende que o “Sergas lonxe de actuar en consecuencia, non é quen de
prevelo nin de remedialo” e considera totalmente insuficiente que “tanto na segunda quincena de xullo como na primeira de agosto, o centro de saúde de Cedeira ten tres médicos para cubrir as cinco prazas e un pediatra a media xornada dous días á semana compartido con Valdoviño, así como unha media de sete días para unha cita de atención primaria”. Os responsables municipais reivindican que se cubra a falta de persoal, un servizo de pediatría continuado e que desaparezan as listas de espera.

O goberno municipal, ademais de lembrar o acontecido recentemente no PAC da Estrada,
invitan tanto aos veciños como aos visitantes a tomar parte na concentración “porque non estamos polo labor de aturar máis esta situación que afecta tanto aos profesionais que traballan no centro como aos seus usuarios”, recordando que estes son a poboación permanente e tamén a esporádica.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Saude e Rendimento. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.