Cedeira, Patroa agosto 2018 (O Pregón)

As pregoeiras (Josefa, Chicha e Juana)

Pregón das Festas da Patroa, Cedeira agosto 2018,

(Asociación de Maiores de Cedeira)

1-oiche, Juana?

2- oín, Chicha. Que me vas decir?

1- ti acórdaste cando ías co caldeiro a por auga á Marieta?

2- e non me hei de acordar, se xa de pequena me mandaba miña mai; se avultaba máis o caldeiro ca min.

1- pois eu tiña que ir á Pixana encher a sella. Como pesaba a condanada!

3- amodo, rapazas, que vos queixades de vicio, que na Vila aínda había fontes en cada rueiro, pero nas parroquias éravos unha boa xeira carretar a auga.

1- que pobreza había, verdá, Josefa?, que nin auga tíñamos nas casas!

3- e porque saíches ajora con esta leria, Chicha, se se pode saber?

2- hache de ser por presumir de abundancia, que disque puxo billas de ouro no cuarto de baño, que coa costura moi ben che se apaña

3- que che vou dicir eu da costura, que deixabas os olliños no fío, puntada a puntada, para xuntar catro reás. Se puxo billas de ouro, doutro lado lle viñeron.

1- ai, si, Josefa, fixéronmas de encarjo co ouro de Moscú, ese que levaron para aló de cando a jerra

2- veña, haxa paz, non empecemos ajora con política, que xa vos vexo vir, que as vellas desta asociación tedes sona de revolucionarias

1- mira que foi falar, a primeira en protestar por todo, que cando a ven vir os da corporación ata se santijuan

3- e lojo, non tedes nada mellor que lle contar a esta xentiña que veu hoxe aquí?

2- contar, contar…, podíamos poñernos a contar os callos dos pés que nos facían aquelas chancras do demo!

3- pois non che dijo nada eu, que baixábamos  á Vila coas zocas nos pés e os zapatos na mau, pa non os estrajar por aquelas corredoiras.

2- pra min o que me era ben azoso, éranche os chopos, que tanto te metías nunha poza como ías neles ao terreo apañar nas patacas.

1- ai! si, Juana, que daquela , tanto as cativas coma os cativos, en canto te valías un pouco xa facías falta para axudar na casa, ou no tarreo ou limpando o peixe… ou  no que cadrara!

3- tiñan sorte, por iso, os fillos dos señoritos!

2- tiñan, muller, tiñan! Tíñano todo, a sorte e máis o demais!

1- aínda me acordo daqueles zapatiños de charol que estreara o día da Patrona, que moito tiñan que aforrar os nosos pais para xuntar pa eles.

3- e o día da Patrona xa lojo vos é, ou estou enjañada?

2- é, muller é, e con este engeino do prejón esquecín amasar os freixós!!?? Bo!, iso, enjañeime: aínda teño os mantecados sen facer, pero tanto dá que deixei ao xenro amasando. Xeito non ten moito, que se dija, pero aljo lles hai que mandar facer

1- eu salveime, que vou de invitada! que me fai todo meu irmau e miña cuñada.

3- nosoutras levamos a asar un cabrito ao forno, que nos veñen todos, netos e bisnetos. Estanche ben lonxe! Menos mal que hoxe cos aviós pódesen facer esas viaxes, que aínda así levan una presada de horas

1- pásavos coma antes, que acó non hai traballo pa todos e teñen os novos que andar polo mundo. Se aínda lles fora ben coma aos indianos, que mandaban cartos pa facer escolas…

3- ajora escolas hai abondo e saen todos estudiados, tamén as rapazas, que aínda lles pasan diante. Xa non é coma daquela, que lojo te poñían a servir

2- poñíante ao que fixera falta, e tamén aos pequenos, que en canto tiñan forza para tirar por un cabo xa os levaban á rapeta

1- e ás pequenas ás fábricas, carretar cestos de sardiña pas conservas. Poñíanas en parexas, agarrando por cadansúa asa.

3- éramos  cativiñas aínda e á leña ao monte, e ás carozas, ou a alindar as vacas, que tamén mandaban aos cativos.

2- e aínda facíamos cousas que hoxe non se creen, que biaxábamos por aqueles carreiros do Campo do Castro á xebra para abono, e subíamos cun cesto na cabeza, cheíño, que non sei nin como non arrolábamos por aqueles camiños de cabras, que nos tíñamos que ajarrar ás silveiras para non arrolar.

1- e falando do Campo do Castro, non oíchedes que o joberno municipal vai amañar un balneario antijuo que había alí, que xa o taparan os pinos e fai tempo que non se sabía del?

2-e disque as do Inserso imos poder pedir a vez pa tomar os baños

3- ai, si, que o puxeron en Novas de Cedeira, que llo estiven ensinando ao meu xenro na tablet. Seica era do tempo dos romanos, ou de antes, e bañábanse alí en aujua de rosas e azafránes, con  mentas e fiunchos, para sandar o corpo e a alma das eivas que vai deixando a vida.

2- pois non che nos viña nada mal, nin pa una cousa nin pa outra, que coas que pasamos andamos todas escadrilladas

1- e a auga habían de baixala das fontes do Santo Antonio, que aljo de santa xa ten de seu, que xa lle ten curado a tallada a máis de un.

2-para a Xira, aproveitando que subimos, entre a empanada e o salpicón, podíamos ir mirar como vai indo iso, que se tardan moito xa non nos colle a nosoutras.

3-vai ser mellor, tes razón, ademais vai estar alí toda Cedeira e se fai falta levamos unha pancarta.

1-pero oíches, Juana, non viñéramos a dar o prejón?

2-viñéramos, muller, pero con tanta leria fóisenos o santo ao ceo.

3-pois bulide que aínda temos que ir botarlle a briscada

1-Que teñades todas e todos as mellores festas e andade amodo que triunfan copas!

Agora Chicha le unha nota de agradecemento ao Concello, que envía unha das socias: Elena Bello, por ter contado coa Asociación para dar o pregón, e recorda os catro anos que levan traballando con ilusión a pesares de seren todas elas persoas de idade avanzada, o que non lles resta dignidade humana nin interese para a sociedade á que pertencen.

 

As tres va lendo:

A vela é o manto de liño

os remos, flores de azar

bogando cos mariñeiros

Nosa Señora do Mar.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Galicia, O Pregón Cedeira2018, Patroa Cedeira 2018, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.