Detección de contaminación microbiolóxica nas augas da praia da Madalena

Na análise microbiolóxica realizada por Augas de Galicia o día 16/09/2018 na praia da
Madalena atopáronse máis de 1000 NMP en 100 ml de Escherichia coli. Trátase dunha
cantidade cen veces maior á que se viña constatando en todas a medicións quincenais durante a campaña estival e supón un risco para a saúde dos bañistas.

Desde o Concello de Cedeira estase a investigar a causa desta contaminación. Debido á súa
alta concentración e á tipoloxía dos microorganismos detectados, todas as probas apuntan
nunha determinada dirección. Aínda que estas sospeitas son compartidas por boa parte da
poboación, a Concellería de Medio Ambiente pide prudencia antes de identificar
inequivocamente os responsables.

Mesmo sabendo que se trata dun episodio puntual, o Concello recomenda absterse do baño temporalmente, á espera dos resultados dunha nova medición. Para facer chegar esta
mensaxe á cidadanía colocaranse carteis en puntos especialmente visibles ao longo da praia.

Camilo Casal, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Cedeira (673 223 392)

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Naufraxios, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.