O Concello de Cedeira vén de adquirir un total de dez camas xeriátricas con carro elevador para usuarios dos Servizos Sociais co fin de complementar a prestación domiciliaria a persoas con escasos recursos. O importe do contrato, adxudicado á empresa Coloro SL, ascendeu a 13.550 euros (IVE incluído).
A concelleira de Servizos Sociais, Manuela López, sinalou que as catro primeiras camas xa foron entregadas e adiantou que é intención do goberno municipal ampliar o subministro coa adquisición de dez unidades máis con cargo aos orzamentos do próximo ano.
López Rodríguez avaliou esta decisión na demanda existente e na necesidade
de substituír as actuais polo mal estado no que se atopan. Neste sentido, a concelleira
explicou que as que agora están en uso foron cedidas no seu día polo Sergas con motivo
da reforma do complexo sanitario Arquitecto Marcide.
Os usuarios de Servizos Sociais que por enfermidade ou convalecencia necesiten unha
cama xeriátrica só terán que cumprimentar a correspondente solicitude para ter acceso a
unha delas. O Concello de Cedeira cederá o equipamento de maneira gratuíta durante
o tempo que sexa necesario.