O Gastrobar “Amanexo” gañador do primeiro concurso de Tapas de Outono do Concello de Cedeira

Miguel López propietario do Gastrobar “Amanexo”

O Amanexo Gastrobar, nun negocio de hostalería que Miguel López López abreu hai un ano na praza de Galicia, foi o gañador do primeiro concurso de Tapas de Outoño de Cedeira co aperitivo “Chicarrón de codillo de cerdo”. Miguel López considerou que nas diferentes texturas do prato estivo a clave para facerse cun certame no que tomaron parte dazaseis locais da localidade. A tapa gañadora obtivo 155 votos dos 456 emitidos nun total das 253 tarxetas recollidas durante os dous días que durou a convocatoria.

O Mesón foi o segundo clasificado, cun total de 151 votos e a tapa denominada “Delicias de
Temporada”, mentres que A Taberna do Jojó, coa proposta “Barquita de parmesano rellena de setas”, quedou terceira cun total de 150 votos.

A entrega de premios tivo lugar hoxe e contou coa presenza das concelleiras de Cultura e
Servizos Sociais, María Xosé Rodríguez e Manuela López, respectivamente, que valoraron a implicación do sector da hostalería nesta primeira edición do certame, así como a magnífica presentación e calidade das tapas presentadas.

Diana López Pérez foi a gañadora da cea para dúas persoas no Amanexo

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Comercio Local, Concurso de Tapas, Concursos, Cultura, Fotos Galicia, Galicia, Gastronomía, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.