Novos vestiarios no campo de Fútbol para favorecer a igualdade de xénero

O Concello de Cedeira leva o tema da igualdade de xénero ás instalacións deportivas. O goberno municipal vén de contratar por 59.502,33 euros á empresa Mecano, Obras y Reparaciones SL para a construción de novos vestiarios no campo de fútbol municipal do Beco. A obra virá completar a edificación existente fronte aos terreos de xogo, respectando a tipoloxía, alturas e mesmo as súas características estéticas.

O prazo de execución da obra é de dous meses e a realización da mesma obedece a necesidade de adecuar as instalacións á incorporación da muller á práctica regular do fútbol. A realidade, segundo apuntou o alcalde, Pablo Moereda Gil, “é que a presenza feminina é cada vez maior en todas as categorías”. A vila conta ademais cun equipo, Discalzas Cedeira SD, que está a competir na liga Feminina de Fútbol 8.

A idea é permitir o uso diario dos dous campos de fútbol oito e suplir as carencias que había con respecto á ultilización dos vestiarios por parte das xogadoras.

O proxecto consiste na construción de dous vestiarios, cunha superficie útil de 82 metros cadrados cada un deles e con capacidade para un mínimo de 15 usuarios á vez. Haberá zona de entrada, espazos para as duchas -unha para cada tres persoas-, cabinas accesibles, bancos, aseos, lavabos e taquillas con chave.

A realización deste proxecto forma parte das actuacións levadas a cabo desde o goberno
municipal para mellorar as instalacións deportivas, por considerar que tamén así se está a promocionar o deporte. Esta política deu lugar hai pouco á compra de bicicletas verticais e de spinning para o ximansio, a obras de mantenimiento e mellora do sistema de auga quente no pavillón polideportivo, á erradicación de humidades e á substitución dos bancos soterrados utilizados por adestradores e xogadores suplentes no campo de fútbol de O Beco. O investimento rondou os 40.000 euros.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Cedeira S.D., Comarcas, Deporte e Saude, Deporte na rúa, Deportes, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.