o Concello de Cedeira promove para o próximo venres, día14, unha charla de arqueoloxía

O Concello de Cedeira promove para o próximo venres, día 14, unha charla de arqueoloxía para afondar no coñecemento das pedras formosas, antigas saunas castrexas das que en Galicia existen un total de cinco, a última en Cedeira.

O auditorio municipal acollerá un acto que dará comezo ás 20.00 horas e no que intervirán Emilio Ramil González, arqueólogo e socio da empresa AXA, e máis Ángel Villa Valdés, do Real Instituto de Estudios asturianos.

Cuestións como a datación destas construcións a través da proba do carbono 14, que
recentemente situou a atopada en Cedeira no século III a.C., e o descubrimento e interpretación das pedras formosas son algunhas das que serán abordadas polos expertos.

O interese da convocatoria leva ao Concello a invitar á veciñanza a acudir á charla para
coñecer e valor o patrimonio local.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Comercio Local, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.