Recordade que mañá e pasado tedes dúas citas no Auditorio Municipal de Cedeira.
Mañá Venres 28 ás 20:00h faremos o tradicional concerto de Aninovo titulado “Unha Noite en Viena” e có que faremos un percorrido polas músicas máis representativas destas datas. Unha selección de valses, polkas, ópera e demáis xéneros típicos destas datas de nadal e que poderedes disfrutar con toda a familia.
E o Sábado 29 temos outra cita coa música ás 12:00h colaborando no espectáculo “Mip Ortegal: Música Inclusiva e Participativa” acompañando ao guitarrista e compositor Robert Pier e coas asociacións APADER, ASPROMOR e APROM.
Desexamos vervos a tod@s compartindo e disfrutando con nós deste fin de ano con moita música, ilusión e ledicia.
Que non pare a música!!!!