Andaina solidaria a prol da Asociación Española contra do Cancro

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación Española contra el Cáncer (AECC) na organización da Andaina Solidaria prevista para a xornada do próximo domingo. O goberno municipal invita á veciñanza a participar activamente nunha convocatoria
que ademais de ter unha fin social tamén sirve de promoción do deporte como hábito saúdable.

As persoas que poidan estar interesadas teñen a posibilidade de apuntarse na páxina
evedeportnorte.com, sempre que sexa antes das 23.59 horas do día18; na Oficina de Turismo e xoguetería Rosa, ata o sábado, e a partir das 9.30 do domingo 21 na mesma liña de saída. O prezo da inscrición é de 5 euros. Tanto o importe íntegro da recadación como o diñeiro procedente da venda de camisetas (5 euros) e chuvasqueiros (10 euros), entre outros obxectos, ingresarase nos fondos da AECC para contribuír á investigación e axudar aos enfermos e as súas familias.

O punto de partida será a praza Roxa e as 11.00 horas o momento do inicio dunha proba na que os participantes terán que percorrer unha distancia de case cinco quilómetros, arredor de 4.600 metros.

O itinerario descorrerá polo paseo marítimo, a zona do Beco, a barriada da Area, a Xunqueira, o paseo fluvial e o malecón. Previo ao inicio da andaina haberá unha sesión de zumba, que estará a cargo do grupo de Fanni Barge, mentres que o seu comezo estará marcado pola música da Batukada Discalz@s. A organización tamén conta coa colaboración do club ciclista local, xa que algúns dos seus socios poñeranse tanto ao inicio como ao final do grupo de participantes.

Teresa Beceiro está á fronte da xunta local de Cedeira da Asociación Española contra el Cáncer.

Esta entrada foi publicada en AECC Cedeira, Comarcas, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.