O Concello Cedeira vén de asinar un convenio coa Deputación da Coruña …

O goberno de Cedeira vén de asinar un convenio coa Deputación da Coruña polo que esta se compromete a financiar o 80% do proxecto que converterá o castelo da Concepción no centro interpretativo do xacemento de punta Sarridal.

O acordo foi asinado esta semana polo alcalde, Pablo Moreda, e polo deputado de
Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Manuel Soto Vivero, e no seu texto recóllese que a axuda provincial ascenderá a 31.638 euros e o gasto total previsto polo Concello superará os 39.500 euros. O convenio estará vixente ata outubro do 2020.
Con cargo a eses case 40.000 euros, o executivo local proxecta a renovación do conxunto da instalación eléctrica, o cambio de luminarias, a colocación de luces de emerxencia e de tomas de luz para as audioguías, así como a instalación dun mostrador para recibir aos visitantes e dun total de nove vitrinas nas que poder expoñer a riqueza arqueolóxica recuperada nas escavacións levadas a cabo na zona de Sarridal. O luns precisamente dará comezo unha nova campaña. Será a número cinco. A área expositiva completarase cun sofá e unhas mesas e asentos pensados para que os máis pequenos tamén poidan descubrir o mundo da arqueoloxía a través dos seus propios debuxos.

A finalidade do proxecto, tal e como consta no convenio, é achegar a historia local a todo o
público en xeral e incrementar, no caso do castelo, o atractivo que xa ten de por si poñendo o lugar da exposición en relación directa coa localizada nas inmediacións.

O equipo de goberno de Cedeira valora o acordo, por canto contribuirá á posta en valor do
patrimonio arqueolóxico local e mesmo da fortaleza defensiva. Pola súa banda, a Deputación destaca o interese público, social e económico do proxecto a desenvolver.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Patrimonio Arqueolóxico, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.