O Festival de Música Galego-Portuguesa “Traz tambén outro amigo”, que organiza o Concelllo de Cedeira, chega a súa terceira edición

O Festival de Música Galego-Portuguesa “Traz tambén outro amigo”, que organiza o Concelllo de Cedeira, chega a súa terceira edición cun amplo e novedoso programa de actividades e co fado como fío condutor dunha iniciativa que arrancará este sábado,
día 1, e que terá continuidade ao longo da seguinte semana, do 3 ao 9 de xuño. Todo o programa é de libre acceso e os concertos de balde.

A primeira xornada, que se desenvolverá baixo o título de “Trazexpandido”, dará comezo ás 20.00 horas no auditorio municipal coa presentación do proxecto poético musical “O colo das palabras”. Esta iniciativa reunirá sobre o escenario ao escritor Antón Cortizas e ao ilustrador Leandro Lamas, co acompañamento musical de Óscar e Silva Fojo e do colectivo musical Fatado do Colo (Leandro Lamas, Lorena Montero, Silvia, Paula e Óscar Fojo).

Esta primeira toma de contacto coa música galego-portuguesa rematará coa actuación do
dúo “Falua” (Sara de Sousa e Gom de Abadin) no auditorio municipal, a partir das nove da noite, e co sorteo dunha acuarela entre os asistentes que Leandro Lamas elaborará durante a actuación.

Logo deste singular comezo, o día 3 arrancará a segunda parte do programa, no IES Punta
Candieira, que terá como punto de partida a actividade “Conversamos sobre lingua con…” e na que o escritor Antón Cortizas falará da “Anatomía da lingua”. Tamén inclúe un obradoiro que, baixo o título “A lingua é a nossa Vantagem”, correrá a cargo dos membros da Associaçom Galega da Língua. Participarán alumnos da ESO e mesmo de 1º de Bacharelato.

De luns a venres impartirase no IES Punta Candieira e na que o escritor Antón Cortizas falará da “Anatomía de lingua” e na que tamén inclúese un obradoiro que, baixo o título “A lingua é a nossa vantagem”, correrá a cargo dos membros da Associaçom Galega da Língua. Participarán alumnos da ESO e de 1º de Bacharelato.

O xoves, día 6, o Festival de Música Galego-Portuguesa trasladarase á Sala Áncora coa charlaconcerto “Pessoa e o fado: fontes para un proxecto pop-rock” de Gonçalo Guerreiro, mentres que o venres será o hotel Herbeira o que acollerá unha charla na que tomarán parte Ana Pinhal,

cantante no grupo Fado Violado, e o músico Javier Carrasco. A cita dará comezo ás 19.00 horas. A xornada do venres rematará co festival “Cedeira canta fados” que, a partir das 22.00 horas, reunirá no auditorio as seguintes formacións musicais: Coral Eixil, Acordeóns de Cedeira, Cantareiras de Buxainas e Fado Norte” e que tamén dará lugar, a partir das 23.00 horas, á actuación do grupo galego “Clave de Fado”.

A xornada matinal do sábado 8 de xuño estará centrada na intervención na que o investigador permanente na Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo, Burghard Baltrusch,

trazará un pequeno panorama da historia lusófona. Será ás doce do mediodía na biblioteca do auditorio municipal. Ese día a música chegará, pasadas as 22.30 horas, ao auditorio municipal da man do dúo portugués “Fado violado“.

O III Festival de Música Galego-Portuguesa rematará o domingo na sede da Confraría de
Pescadores coa constitución formal da Rede da GaliLusofonía, unha entidade que agrupa a
entidades portuguesas e galegas “com os objetivos de juntar esforços, coordenar-se e cooperar na difusao de iniciativas encaminhadas a situar a Galiza noseu espaço natural linguístico-cultural, a lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional”. A despedida musical correrá a cargo da agrupación “Canto d´aquí” (Braga) e da banda Vila de Cedeira que, a partir das 19.30 horas, actuarán no auditorio de Cedeira.

Esta entrada foi publicada en Auditorio Municipal, Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, I Festival de Música Galego - Portuguesa, Música, Música (concertos), Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.