A “Festa do Percebe” de Cedeira chega a súa dezaoito edición

Será os días 3 e 4 de agosto / Haberá racións de percebes, polbo,
empanada e ostras

A vila de Cedeira prepárase para celebrar esta fin de semana a edición número dezaoito da Festa do Percebe, unha actividade promovida pola Confraría de Pescadores en  colaboración co Concello de Cedeira.

A zona portuaria volverá acoller unha celebración que dará comezo o sábado, a partir das 12.00 horas, coa venda das primeiras racións, das que haberá 1.500 de percebes, 800 de polbo e 500 de ostras, ademais de empanada de merluza e berberecho. Estas últimas terán un custo de seis euros, mentres que a de percebes, cun peso de 300 gramos, venderase a 13 euros. As racións de ostra, que incluirá dúas unidades (gratinada e á grella) serán a 3 euros.

Un total de 22 mariscadores e un conxunto de 40 barcos adicados á extracción do percebe
encargaranse de subministrar os produtos que se poderán degustar tanto o sábado como o
domingo, en horario de 12.00 a 17.00 horas.

En canto ás actividades haberá inchables e xogos acuáticos na mesma zona portuaria e un tren turístico fará sucesivas viaxes entre a vila e o recinto festivo a fin de evitar o tráfico de vehículos pola estrada do porto.

O goberno de Cedeira destaca a tradición dunha celebración que está entre as máis esperadas do calendario festivo local e que, desde hai dezaoito anos, é un magnífico escaparate para dar a coñecer uns produtos que, debido á calidade das augas e as correntes mariñas, dan como resultado que “os percebes de Cedeira sexan os mellores de Galicia durante todo o ano”. En base a esta realidade, desde o Concello invítase a veciños e visitantes a degustar “un produto dez” e a desfrutar dunha festa da que “estamos especialmente orgullosos por ser referencia de calidade”.

Como anticipo das celebracións, a Confraría de Pescadores de Cedeira organiza para o venres, día 2, unha Xornada de Pesca Infantil, que será ás cinco da tarde no porto pesqueiro e que estará abierta a todos os nenos e nenas interesados. Os participantes terán que levar a caña, xa que o cebo o porá o pósito local. O Concello entregará diplomas a todos os asistentes e a Confraría lles dará a merenda.

A Festa do Percebe tamén deixarase sentir no Museo Mares de Cedeira coa ampliación do
horario de visitas á exposición, que pasar a ser de 10.30 a 19.30 horas, e coa celebración dunha mesa redonda para abordar a problemática da muller no mar. Esta iniciativa terá lugar o sábado, ás 11.30 horas, e na mesma tomarán parte unha redeira, unha mariscadora, unha meriñeira, unha armadora e unha representante do pósito local. A entrada é libre e gratuíta.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Cultura, Festa do Percebe, Festa do percebe de Cedeira, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.