Festival de Habaneras adicado ao compositor Cedeires “MANOLITO”

Manolito nos Galaicos (Foto do arquivo familiar)

O Concello de Cedeira rende homenaxe ao músico e compositor local Manuel Antonino García Jiménez, coñecido como Manolito, coa celebración da segunda edición do Festival de Habaneras, que será o próximo sábado, día 31,  na praza Floreal.

Catro serán as agrupacións que tomarán parte nesta iniciativa, que dará comezo ás 19.00 horas e será aberta ao público en xeral.

Así, as interpretacións musicais correrán a cargo das corais locais “Estrelas do Mar”, “Herbeira” e “Eixil” e da rondalla de Cedeira. Cada unha delas cantará un total de catro composicións e o Concello aproveitará o tempo de espera entre as actuacións para dar a coñecer a figura e a obra de Manuel Antonino García.

A concelleira de Cultura, Ermitas García Ríos, destacou do homenaxeado “o seu inmenso amor pola música e o seu compromiso por transmitila, o que o levou a participar no coro da igrexa, a actuar co grupo galego “Los Galaicos”, a fundar a coral Eixil e a ser director da primeira escola de música que houbo na vila”, segundo apuntou a titular de Cultura.

Ermitas García, que estes días se está a reunir con familiares e coñecidos do músico e compositor local cara ao acto do día 31, entende que “Manolito foi a semente do amor á música que a día de hoxe existe en Cedeira, xa que a súa contribución, xa fose a través da coral ou da escola, resultou ser imprescindible”.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Corais, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Música, Música (concertos), Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.