Ximnasia terapéutica na vila e nas parroquias

As clases darán comezo o día 1 de outubro / O concello abre a matrícula
para aquelas persoas que participan por primeira vez

O Concello de Cedeira abre o prazo de inscrición para as persoas que se apunten por primeira vez á actividade de ximnasia terapéutica, que dará comezo o día 1 de outubro e que se impartirá na vila de Cedeira e máis nas parroquias de Esteiro, Montoxo, San Román e Santalla de Cervo. As interesadas deben apuntarse nas oficinas dos Servizos Sociais (centro sociocultural) en horario de 10.00 a 13.00 horas. Os repetidores poderán inscribirse na mesma clase.

O obradoiro, que será impartido pola fisioterapeuta Marta González, terá lugar os martes e xoves.

O primeiro día levarase a cabo en Esteiro, ás 9.45 horas, e en Cedeira, que será ás 11.30 na sala Áncora e 12.15 horas na cafetería do auditorio.
O xoves a actividade trasladarase ás 9.30 horas a Montoxo, ás 10.45 horas a San Román e ás 12.30 horas a Santalla de Cervo.

Desde o Concello anímase á veciñanza a tomar parte nun programa que favorece a mobilidade e mellora a flexibilidade das articulacións, entre outros beneficios, e ademais axuda á sociabilidade entre o colectivo da Terceira Idade.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Cursos, Deporte e Saude, Deporte na rúa, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.