XVI Xuntanza de Palilleiras -Cedeira

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación de Amas de Casa da localidade na organización da XVI Xuntanza de Palilleiras, Patchword e Bordado Tradicional
que o día 19 terá lugar no polideportivo municipal.

A actividade desenvolverase de10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e na mesma tomarán parte arredor de catrocentas persoas. Durante o encontro haberá demostracións en vivo de patchword, bordado e encaixe; venda e exposición de traballos e agasallos entre os asistentes.

As actividades darán comezo coa apertura do pavillón e o tradicional saúdo de benvida por
parte do equipo de goberno. O primeiro dos sorteos terá lugar sobre a unha da tarde. Unha estancia para dúas persoas nun aloxamento rural, roupa, botellas de viño e ata décimos de lotería son só algúns dos agasallos que a organización rifará nesta edición do certame grazas á axuda desinteresada dos sectores de hostalería, comercio e empresariado local. Nun segundo sorteo, que terá lugar a media tarde, distinguiranse a persoa de máis idade, a máis nova e tamén a agrupación máis numerosa e a que chega desde máis lonxe.

A presidenta das Amas de Casa, Ángeles Villar Fraguela, agradece, un ano máis, a colaboración recibida por parte de entidades, empresarios e da veciñanza en xeral para celebrar un novo encontro de palilleiras, ao tempo que invita veciños e visitantes a achegarse o próximo sábado a Cedeira para participar na xuntanza.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Palilleiras, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.