A Festa do Samaín de Cedeira cumpre trinta anos

A festa do Samaín de Cedeira chega este ano á súa trixésima edición cunha morea de actividades que darán comezo o próximo mércores e rematarán na xornada do domingo, día 3 de novembro, despois de máis dunha semana de encontros e celebracións para todas as idades.

A organización dos actos corre a cargo do Concello cedeirense que conta coa colaboración
da Asociación Amigos do Samaín, da ANPA Picapeixe, da Asociación Cultural Garola, do colectivo Aventureros en Galicia e mesmo da Deputación da Coruña para levar a cabo charlas, obradoiros, actuacións musicais e concursos, entre outras citas, para facer destas celebracións unha homenaxe pública e colectiva ás tradicións populares.

E co fin de abrir esta cita tan especial á participación da veciñanza da comarca en xeral,
os convocantes organizan unha charla-coloquio que terá lugar o próximo mércores na sede
Afundación, situada na praza da Constitución de Ferrol. Será ás 18.30 horas e correrá a cargo de responsables da entidade Amigos do Samaín.

O programa terá continuidade os días 28, 29 e 30 coa celebración dun obradoiro de manualidades e decoración que será na sala Áncora en horario de 16.30 a 18.30 horas. Ten como obxectivo a realización de adornos para os actos festivos que están por vir.

O xoves 31 a actividade principal será a actuación de “As Parábolas de Pakolas” no auditorio municipal (17.30 horas), mentres que ao día seguinte (1 de novembro) a festa traducirase nun obradoiro de zonchos e pintura (17.00 horas) e na actuación de monicreques de cachiporra “Dona Barriga Verde”, con Larraiz Urrutzola, no interior dos toldos situados no paseo da Mariña.

Estas mesmas instalacións acollerán o día 2 a celebración da tradicional xincana infantil,
organizada por Aventureros en Galicia, e a esperada Casa do Terror, na que poderán tomar parte menores de 15 anos. Ámbalas dúas iniciativas se levarán a cabo ás 17.00 e ás 17.30 horas para, a continuación, dar paso á presentación do concurso de cabazas (de 17.00 a 19.30 horas), á saída da xincana (17.00 horas), á celebración do tradicional obradoiro de maquillaxe (17.30 horas) e á merendola de outono, na que haberá degustacións de requeixo con mel e bola de azucre. A entrega dos premios será ás 20.00 horas e a celebración do Desfile das Pantasmas (20.30 horas) porá punto final a unha xornada que fará gozar a maiores e pequenos.

A festa do Samaín rematará o domingo 3 de novembro coa presentación do libro “Viaxe ao
alén” de Obdulia Dopico, que durante o encontro estará acompañada da concelleira de Cultura, Ermitas García, e do historiador e docente Carlos Breixo. Tamén no acto se proxectará un traballo documental realizado por Álvaro Fernández Polo.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Samaín, Samaín Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.