O Auditorio municipal de Cedeira acollerá hoxe xoves a representación da obra As Parábolas de Pakolas

O Auditorio municipal de Cedeira acollerá hoxe xoves a representación da obra As Parábolas de Pakolas, unha actuación que será ás 17.30 horas e coa que comezarán as celebracións de Samaín no municipio.

Trátase dun espectáculo musical, no que Paco Cerdeira interpreta en directo temas propios para público infantil, con música de rock e outros estilos e con letras sempre acomodadas para os máis pequenos.

O venres, día 1, a festa traducirase en obradoiros de zonchos e pintura, ás 17.00 horas, e na representación da obra Dona Barriga Verde a cargo de Larraiz Urrutzola (19.00 horas). Ámbalas dúas citas serán no paseo da Mariña.

O sábado, día 2, as actividades darán comezo ás 17.00 para despois prolongarse ata máis alá das 20.30 horas. Neste intervalo de tempo terá lugar o acto de presentación das cabazas para o concurso (17.00 a 19.30 horas); saída da xincana infantil (17.00 horas); obradoiro de maquillaxe, merenda de outono con requeixo con mel e bola de azucre e Casa do Terror (17.30 horas); entrega dos premios (20.00 horas) e Desfile das Pantasmas pola zona vella (20.30 horas).

As persoas interesadas en tomar parte tanto na xincana infantil, organizada por  ventureros en Galicia, como na Casa do Terror (idade ata os 15 anos) terán que inscribirse en horario de 12.30 a 14.00 e de 16.00 a 16.30 horas nos toldos situadas no paseo da Mariña.

A programación do Samaín rematará o domingo día 3 coa presentación do libro Viaxe ao Alén de Obdulia Dopico, que será ás 13.00 horas no Palacete municipal e no que intervirán a concelleira de Cultura, Ermitas García e o historiador e docente, Carlos Breixo, entre outras persoas.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Samaín, Samaín Cedeira, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.