O Concello de Cedeira programa para a tarde de hoxe, o acto de acendido da iluminación de Nadal

Foto: Bola instalada na Praza Roxa de Cedeira

O Concello de Cedeira programa para a tarde de hoxe o acto de acendido da iluminación de Nadal, unha iniciativa que coincidirá co que se levará a cabo nos máis de 175  establecementos que este ano e por primeira vez participan nunha campaña de promoción do comercio e da hostalería da localidade. Esta iniciativa consiste en sorteos de vales de compra, luces de cor branca en todos os locais e unha pequena árbore á porta, ademais dun cartel identificativo, verde e vermello, como as rifas. Un total de 2.000 euros é o diñeiro a repartir entre os consumidores que aposten polo comercio local para facer as compras de Nadal ou para gozar da gastronomía local durante as celebracións de Nadal.

O alcalde, Pablo Moreda, destacou que “se trata de poñer de manifesto a colaboración que existe entre o executivo local e os profesionais destes sectores”, ao tempo que anunciaba novidades coas que se buscará sorprender a veciños/as e visitantes, porque “o noso interese é a posta en valor do comercio local como promotor da economía local”, apuntou o rexedor.

Por outra parte, adiantou que un total de trinta arcadas, unha árbore na praza do Peixe, unha bóla de gran tamaño na praza Roxa e renos e arcos luminosos en distintos puntos da vila serán os elementos decorativos que axudarán a crear o ambiente axeitado para as celebracións que están por vir.

Como en anteriores ocasións, o executivo cedeirense volveu apostar pola tecnoloxía Led para buscar a máxima eficacia coa menor contaminación posible, unha política que tamén está a aplicar no conxunto da rede de iluminación pública.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Nadal, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.