Agardámosvos nesta nova edición do Día do Apicultor, este sábado 1 de febreiro en Arzúa, que terá como temas principais a Vespa velutina e a saúde das abellas, aspectos claves para a continuidade da nosa apicultura, e a valorización e promoción dos nosos meles, coa entrega dos diplomas ós gañadores do I Concurso de Mel 5 Estrelas.
Ler máis
LOGOS CONMEMORATIVOS DO 40º ANIVERSARIO DE AGA E 30º DE ERICA MEL
Este ano celebramos o 40º aniversario de AGA e o 30º de Erica Mel, para o cal realizaremos varias actos, en especial na Mostra Galega de Apicultura, o 7 de xuño en Arzúa. Pero ademais realizaremos outros materiais e actividades conmemorativas, como estes logos que utilizaremos durante todo o ano en todas as nosas comunicacións.
SUBVENCIÓN INCORPORACIÓN AGRARIA 2020
O 28 de xaneiro saíu publicada a orde de axudas para a incorporación agraria de xente moza e desenvovelmento de explotacións. Enlace para descargar a publicación da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200128/AnuncioG0426-080120-1_gl.html
AGA – Asociación Galega de Apicultura
http://www.apiculturagalega.es