O Concello de Cedeira acaba de repartir un novo lote de 30 unidades de composteiros

O alcalde, Pablo Diego Moreda, fixo entrega ademais dunha unidade ao
colexio Nicolás del Río atendendo así á petición feita polo propio alumnado

Como parte do Programa de Compostaxe Doméstico iniciado en Cedeira no ano 2016, o Concello acaba de repartir un novo lote de 30 unidades de composteiros entre as persoas que o solicitaron. Con estas últimas unidades, neste caso facilitadas por SOGAMA, xa suman máis de 200 os entregados pola administración local para uso familiar.

O Alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, tamén deixou hoxe unha unidade no CEIP Nicolás del Río atendendo así a unha petición realizada polo alumnado do centro. “Un bo exemplo do compromiso adquirido polos máis pequenos en levar a cabo accións que permitan mellorar o coidado do medio ambiente”, apuntou o rexedor.

Esta aposta municipal pola compostaxe caseira permite reducir o volume de refugallos que acabarían no colector verde para a súa reutilización obtendo compost, un abono natural rico en nutrientes para aplicar na horta ou xardín. As vantaxes medioambientais da compostaxe son evidentes.

Ademais, tendo en conta que preto do 40% da bolsa de lixo son restos orgánicos, a aplicación deste sistema representa un aforro económico ao minorar o volume de residuos que entra no circuíto de recollida, transporte e posterior tratamento, segundo apuntase desde o goberno municipal.

Os composteiros permiten así mesmo un maior control das condicións para conseguir compost e axudan a evitar algunhas das molestias do proceso como cheiros, roedores, etc. Xunto aos contedores o Concello de Cedeira entregou un sinxelo manual e realizará un seguimento durante o primeiro ano.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, O Rural, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.