O Día da Muller

O Concello de Cedeira promove a celebración dun total de seis actividades para conmemorar o Día da Muller. O goberno municipal convida ao conxunto da
veciñanza a participar nas iniciativas para evidenciar o seu máis severo rexeitamento
ás condutas machistas e para demandar unha sociedade máis xusta e igualitaria. Nesta ocasión, o Palacete municipal convertirase no epicentro de todos os actos.
A programación, convocada para o mesmo día 8 de marzo, dará comezo ás 11.30 horas coa
celebración de Xogos infantís en igualdade. A iniciativa consiste en distintas actividades creativas co tema do día como única referencia. Desde o Concello ponse o acento no contido educativo da convocatoria.

O acto institucional, que será ás 12.30 horas, consistirá na lectura dun manifesto, que correrá a cargo de persoas que veñen colaborando na organización das actividades en torno ao 8M.

As bibliotecas recomendan….. é a proposta prevista para as 13.00 horas, que dará lugar á
participación dos responsables das bibliotecas dos centros educativos da localidade e mesmo da biblioteca municipal para dar a coñecer algúns dos títulos literarios que mellor reflicten tanto o mundo da muller como as súas reivindicacións e dereitos.

Os actos do Día da Muller terán continuidade pola tarde. Así, a partir das 17.00 horas comezará a lectura de Muller bruxa, o conto de ser muller. Trátase dun fanzine escrito por Noa López Vidal co que se abrirá desde un tempo de coloquio coa propia autora ata a incorporación da música á programación coa participación de grupos e solistas locais e de alumnos da escola de música de Cedeira nunha cita cos Micros abertos.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Día da Muller, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.