Os vixiantes da confraría interceptaron a tres mariscadores ilegais en Triñáns
O confinamento non vai cos furtivos, que continúan desenvolvendo a súa actividade ilícita e, ademais, mostrándose agresivos cos gardapescas. As concesións que administra a confraría de Cabo de Cruz continúan sendo o principal obxectivo dos mariscadores ilegais. O último incidente tivo lugar esta madrugada, cando unha persoa ameazou aos vixiantes con cravarlles un puñal.
Todo sucedeu na Ladeira de Triñáns. Os gardapescas viron a dous individuos que estaban na auga con rastros sacando mariscos. Cando os traballadores da confraría ían entrar nunha zona arboredo co propósito de collelos coa mercancía na man topáronse coa sorpresa de que había un furtivo realizando labores de control para alertar aos seus compañeiros da presenza alguén que puidese dar ao traste co seu delito. Este home, ao ver aos vixiantes do depósito non dubidou en sacar un puñal que levaba na bota do pé esquerdo e ameazou con cravarllo. Tanto esta persoa como os outros dous furtivos puideron ser identificados e, esta tarde, os guardapescas presentarán unha denuncia no cuartel da Garda Civil de Boiro.