Queixas de veciños de Cedeira, Cerdido e Valdoviño polos fallos repetidos no sinal de televisión

Os afectados deben notificar o problema a través do número 900 833 999

Veciños das zonas da Ribeira, Esteiro e Sisalde, en Cedeira, e de varios puntos dos municipios de Cerdido e Valdoviño soportan desde hai días fallos no sinal de televisión, que afectan a todas as canles de TVE. «Trasladámoslle o problema a Retegal [sociedade pública dependente da Xunta] e hai 15 días dixéronnos que tiñan a incidencia localizada e que ían pasar arranxala, pero seguimos igual e agora dinnos que non é culpa deles», segundo explica o alcalde de Cerdido, Benigno Galego.

O seu homólogo cedeirense, Pablo Moreda, confirmou onte que a orixe do problema radica «nunha interferencia cunha antena de telefonía situada en Cerdido, o sinal do 5G vai na mesma frecuencia que as antenas de televisión». A solución pasa por que cada afectado chame ao número 900 833 999 e informe acerca da incidencia e do lugar onde reside para que un técnico se desprace e resolva o fallo.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.