Nota de Prensa do Alcalde de Cedeira

Bo día,

síntome na obriga de DESMENTIR a toda a veciñanza de Cedeira e por suposto a toda Galicia as GRAVES acusacións que fixo o pasado domingo día 24 de maio o PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA hacia a miña persoa como Alcalde e por suposto que leva consigo a toda Cedeira.

Non vou a entrar en descalificacións políticas a naide, non se corresponde coa miña persoa, pero non poido consentir que o noble nome de Cedeira se vexa manchado por unha falta á verdade.

Adxunto o vídeo así como a carta que lle enviei hoxe ao Sr. Feijoo onde lle poño de manifesto o seu grave erro a través de documentos oficiais que o demostran.

Resumo:

1.- É mentira que o pleno de Cedeira aprobase o cambio de nome da rúa Fraga Iribarne durante a pandemia, pois o pleno realizouse o día 9 de marzo de 2020, e no cal ademais deste punto tamén se levou o sorteo das mesas electorais para as eleccións autonómicas que estaban convocadas para o día 5 de abril (adxunto convocatoria do pleno e certificado do punto do cambio de nome da rúa).
2.- O retirar o nome de Fraga Iribarne obedece a unha esixencia do SENADO de ESPAÑA, en correspondencia coa LEI DE MEMORIA HISTÓRICA que obriga a retirar canta homenaxe exista do que en España foi o franquismo.

Respeto a figura de Manuel Fraga Iribarne como Presidente da Xunta de Galicia pois foi elexido democraticamente pola maioría dxs galegxs. En Cedeira hai varias placas co seu nome que foron colocadas sendo Presidente e por suposto que non as imos a retirar!

E doeume no corazón ter que oir esas declaracións do Presidente da Xunta despois de todo o que levamos sufrido durante esta crise e todo o gran traballo que fixemos dende o concello para estar á altura das nosas familias, non mo esperaba aínda que creo que lle deron datos erróneos dende o seu partido.

Respecto ás declaraciòns do portavoz do PP local que foi quen soltou a gran MENTIRA co correspondente dano a toda Cedeira non vou a decir nada porque non merecen nin que as califique, o tempo pon a cada persoa no seu sitio, e el está onde quixeron os veciños e veciñas de Cedeira dende fai casi 5 anos, fora da ALCALDÍA!

De todxs modos espero Sr. Luis Rubido, que recapacite e rectifique as súas declaracións, non necesito disculpas, necesito que o pueblo non se sinta ofendido por vostede.

Un saúdo

Pablo Moreda

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.