Un verán para gozar facendo quilómetros sen saír da provincia da Coruña

Patrimonio natural e cultural, aventura e gran variedade de alternativas de lecer

Ruta Xeolóxica na Praia de Teixedelo, única con area negra non volcánica.- Francisco Canosa

O bo tempo é perfecto para perderse na natureza e sacarlle todo o mollo. Os amantes do sendeirismo teñen multitude de opcións. Non hai concello no que falten camiños perfectamente sinalizados, pero, ademais, hai outras propostas máis peculiares que permiten coñecer aínda máis a contorna. Na comarca de Ortegal desenvólvense unhas rutas xeolóxicas que teñen moi boa aceptación. Francisco Canosa, o seu impulsor, destaca que «hai paisaxes xa coñecidas que ven dende outro punto de vista, ou que lles dá un valor engadido».

Na provincia, apunta Canosa, están confirmadas saídas entre a primeira fin de semana de xullo e a primeira quincena de setembro: «Hai municipios como Cedeira que terá tres á semana, e outros fan unha semanal. A frecuencia é ampla». Entre eses concellos están Moeche, Ortigueira, Valdoviño, Cariño e San Sadurniño. Unha das rutas que ten máis éxito é a que visita a praia de Teixidelo, «a única do planeta con area negra non volcánica», explica Francisco Canosa. Tamén a visita ao interior da mina de cobre de Moeche. Ademais, é unha alternativa barata, xa que poden saír gratis ou ter un custo de 5 euros.

Todas as rutas e o calendario poden consultarse neste blogue.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local, xeoparque, Xeorutas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.