Catorce sancións en dous días por non levar a máscara en espazos públicos de Cedeira

A Policía Local lembra a obrigatoriedade da protección facial en zonas urbanas, onde non é posible gardar a distancia de seguridade

Nos dous últimos días, a Policía Local de Cedeira denunciou a 14 persoas por non levar máscaras en espazos públicos. O mércores sorprenderon a nove e o xoves, a outras cinco. «Os primeiros días avisamos á xente, pero agora sanciónase a quen van pola rúa sen máscara e sen poder garantir a distancia de seguridade de dous metros entre persoas», explica o oficial xefe do corpo, Alberto Díaz.

Na práctica, subliña o responsable policial, «é obrigatorio levar a máscara nos paseos marítimos, nos parques infantís, nos xardíns ou nas prazas, é dicir, en todas as zonas urbanas con moita xente paseando ou rúas de beirarrúas estreitas, onde é imposible garantir que se garda a distancia. Non basta con dicir ‘eu apártome’, porque non sabes con quen che vas cruzar ou quen se vai achegar desde outro lado».

Os axentes tamén sancionaron a un veciño por non recoller as deposiciones do seu can e puxeron cinco multas por infraccións de tráfico nos últimos días.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.