Cedeira aproba axudas por 150.000 euros para autónomos e pequenas empresas

J. M. G. A. U.

O alcalde destaca o consenso alanzado cos grupos da oposición para sacar adiante esta medida

O Concello de Cedeira aprobou, o pasado venres, as bases para a creación dunhas axudas municipais para reactivar a economía e minimizar o impacto da crise causada polo covid-19. O importe será dun total de 150.000 euros, todos achegados pola Administración local. Ademais, avanzouse que en breve entrará en funcionamento un plan para dinamizar os sectores do comercio e a hostalería.

A cantidade fixa da que disporán os beneficiarios será de 650 euros para autónomos, 850 euros para microempresas e 1.000 euros para empresas con máis de 5 empregados. A cambio, deberán destinar o diñeiro a gastos de funcionamento e mantemento da empresa, o pagamento do alugueiro do local ou o vehículo de traballo, as nóminas dos empregados ou as cotas da Seguridade Social. Tamén deberán manter a actividade empresarial durante tres meses desde o final do estado de alarma ou o 50% do persoal, ademais de ter o domicilio fiscal no termo municipal Cedeira. As empresas interesadas terán un mes desde a publicación no Boletín Oficial dá Provincia para presentar a súa solicitude.

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, recoñeceu estar moi satisfeito por poder axudar aos veciños. «É un diñeiro que chegará ás familias e cuxa finalidade é protexer e apoiar ao tecido produtivo e empresarial de Cedeira». Ademais, destacou o consenso alcanzado cos grupos da oposición á hora da aprobar as medidas, «as primeiras destas características que se fan en Cedeira».

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.