Cedeira inicia a sexta escavación do Campo do Castro, que custea o Concello

Foto: La Voz de Galicia

Emilio Ramil dirixe a intervención arqueolóxica na punta do Sarridal

O equipo que dirixe o arqueólogo Emilio Ramil acaba de iniciar a sexta intervención do Campo do Castro, na punta do Sarridal, que continuará ata o 7 de agosto. Esta operación abarca unha superficie duns cen metros cadrados «e permitirá coñecer os inicios da ocupación do Campo do Castro e cuestións relacionadas coa construción da muralla e da estrutura circular, ademais da posta en valor dun xacemento que está a representar un novo foco de atracción turística», segundo indican desde o Concello, que financia os traballos, por 14.399 euros.

O alcalde, Pablo Moreda, avanzou a súa intención de «seguir traballando ata completar a totalidade do xacemento, sen desbotar a posibilidade de chegar a acordos cos propietarios das parcelas situadas na zona». Eloxiou, doutra banda, o papel da concelleira nacionalista María Xosé Rodríguez, para sacar adiante este proxecto. Aquí atopouse, hai tres anos, a quinta sauna de vapor castrexa, ou pedra formosa, localizada en Galicia.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Patrimonio Arqueolóxico, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.