España presume de reservas mariñas pesqueiras

As dúas galegas, Os Miñarzos e Cedeira, non figuran na rede nacional porque son autonómicas

Incumprido o obxectivo de desenvolvemento sostible fixado pola Organización as Nacións Unidas (ONU) para este ano, cando prevía establecer áreas protexidas no 10 % dos mares do planeta, o 2030 é o novo horizonte que a ONU, a Unión Europea (UE) e o Goberno de España marcáronse para crear esas reservas no 30 % das augas españolas e comunitarias. Das existentes en España, onde os últimos datos indican que roldan o 10 %, seis puntos por enriba da media comunitaria, presume o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Cita once, «oito no Mediterráneo e tres en Canarias». Porque sonde augas interiores e, xa que logo, de competencia exclusiva autonómica, non inclúe as dúas galegas de interese pesqueiro, a dos Miñarzos, na costa coruñesa de Lira, creada no 2007, e a tamén coruñesa da ría de Cedeira, que data do 2009,

En augas estatais o Ministerio de Pesca xestiona cinco en exclusiva, e outras seis, situadas en parte en augas exteriores e en parte en interiores, o control compárteo coas comunidades autónomas. De ámbito nacional, a Rede de Reservas Mariñas de interese pesqueiro son «espazos naturais protexidos» que para Pesca representan «un dos principais expoñentes da política de crecemento azul» do ministerio. Nesas zonas, subliña, «contribúese a manter a pesca profesional artesanal, á vez que se favorecen outras actividades sostibles, como o mergullo de recreo».

As once da rede que cita o ministerio de Luis Planas son a de Masía Branca (Tarragona), Levante de Mallorca-Cala Rajada (Mallorca), Illas Columbretes (a 30 millas da costa de Castelló), Illa de Tabarca (Alacante), Cabo de Palos-Illas Formigas e Cabo Tiñoso (Murcia), Cabo de Gata-Níjar e Illa de Alborán (Almería), así como as canarias de Illa Graciosa e Illotes do Norte de Lanzarote, Illa da Palma e Punta da Restinga-Mar das Calmas.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.