As mariscadoras de Cedeira e Valdoviño limpan praias para recuperar bancos marisqueiros

La Voz de Galicia

Os concellos colaboran no proxecto da confraría cedeirense, financiado pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

LA VOZ
O proxecto de recuperación dos bancos marisqueiros de Cedeira e Valdoviño promovido pola Confraría de Pescadores de Cedeira botou a andar. As profesionais da agrupación de mariscadoras, de ambos os municipios, son as encargadas de executar esta iniciativa, que conta co apoio da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, que achega o 75 % do financiamento.

Hai uns días, as 15 mariscadoras que están en activo (outras cinco atópanse de baixa) puxéronse o traxe de faena, non para saír a mariscar, senón a retirar lixo. «Ese é o obxectivo principal, quitar o lixo mariño, tanto o de procedencia do sector pesqueiro, con vellas artes de pesca e embarcacións, como o de orixe cidadá». Foi a primeira das 16 saídas previstas, que tiveron que atrasar debido ao estado de alarma, e reuniron catro toneladas de refugallos de todo tipo na zona de Funil, en Pantín.

Esa é unha das áreas que pretenden recuperar. «Está moi degradada, de alí sacaron madeira e ferro e outros residuos que é difícil imaxinar, tiveron que cuantificar e clasificar o lixo por tipoloxía, e unha vez pesado foi depositado nos contedores que habilitou neste lugar o Concello de Valdoviño», explican desde o goberno local. Esa é a principal colaboración dos concellos, facerse cargo dos refugallos. Por cada xornada de limpeza, as mariscadoras participantes reciben a retribución equivalente a un día de traballo.

Durante os dous días anteriores á primeira saída para limpar, as recolectoras recibiron formación. Tamén se está elaborando unha guía de boas prácticas e un tríptico informativo para divulgar entre veciños e profesionais do sector, como compradores de lonxa, distribuidores ou transportistas. Toda nunha campaña de sensibilización e concienciación sobre a necesidade de manter limpo a contorna.

Link: http://www.alvozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.