A madeira de eucalipto volve a baixar e rolda os seis euros de caída en apenas un ano

Ence xustifica esta nova redución da tarifa polo descenso continuo da cotización internacional da pasta de papel

ANA F. CUBA
CEDEIRA / LA VOZ 14/09/2020 09:42 H

«Nunca pasou unha baixada tan grande en tan pouco tempo, entre cinco e seis euros en menos dun ano», apunta Roberto Gabia, presidente da asociación de produtores de madeira de Cedeira (Promace), cuns 300 socios. «A cousa está moi delicada, se non tes necesidade de cortar non o vas facer; se cortas é porque non che queda outra ou porque é un coto que che queda no medio só, a xente que non ten présa espera a ver se repunta», sostén.

Ence, principal comprador de madeira de eucalipto na zona, confirma a redución doutro euro por tonelada na súa tarifa, que xustifica «porque o mercado internacional da celulosa seguiu baixando este trimestre». Lembra que o prezo inclúe unha prima variable asociada á cotización da pasta de papel, «que se estableceu para ligar os beneficios dos produtores aos da actividade industrial da compañía, fortalecendo a cadea monte-industria».

«Eles [por Ence] ségueno achacando ao indexado da pasta, que repercuten de inmediato, non así cando ocorre ao revés», reprocha Óscar Piñón, secretario da federación Promagal, responsable do colectivo de produtores de Ortigueira (Promaorti) e maderista. O prezo sitúase entre 27 e 28 euros por tonelada para a madeira con casca, fronte aos máis de 33 de hai só un ano. «O prezo non gusta -corrobora este empresario-, e volvemos ao de sempre en época de crise, a necesidade da xente e das empresas. Parar carréxache perdas brutais». Vaticina que «tardará en remontar e recuperarse o prezo».

En canto ás expectativas de futuro, Ence destaca que a celulosa «leva moitos meses de evolución á baixa, e o escenario de prezos continúa sendo moi negativo». «Aínda que a nosa situación financeira segue sendo sólida -sinalan-, a nosa actividade estivo dando perdas no que vai de ano». «Con todo, miramos a longo prazo para minimizar os danos nun tecido fundamental para a industria forestal e o rural galego, que é a cadea de valor da madeira, incorremos en importantes gastos para ampliar a nosa capacidade operativa para que a maior parte posible das empresas do sector poidan manter a súa actividade», remarca a pasteira.

Ramón Reimunde, presidente de Promagal, advirte de que «as perspectivas non son boas, a xente vaise retraer á hora de vender se non ten necesidade. Cando se rumorea que vai baixar a xente vende, pero se baixa espera a que vaia subir. Entramos nun ciclo que non é positivo no turismo nin na hostalería nin na industria, e a madeira era das poucas cousas ás que un se podía agarrar moita xente para arranxar a casa, comprar un coche… Vexo isto con algo de pesimismo, aínda que para Navia [onde está a fábrica de Ence] pasan camións continuamente». No caso de Promace, que opera coa portuguesa BSL e con Greenalia, o presidente indica que ambos os equipos pararon en agosto. «Esperamos que sexa o fondo do pozo e que non baixe máis, porque se non vexo moi complicado este sector», conclúe.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.