A Xunta adxudica as obras da estrada de Valdoviño ata A Ramalleira por 3,6 millóns

O inicio dos traballos está previsto para o mes de novembro

LA VOZ
VALDOVIÑO 12/09/2020 05:00 H

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de adxudicar as obras de acondicionamento da estrada AC-566, desde a saída da localidade de Valdoviño ata a zona da Ramalleira, por 3,6 millóns de euros. A empresa Construcións López Cao, S. L. será a encargada de executar estes traballos, para o que dispón dun prazo de 18 meses. O inicio está previsto para o mes de novembro.

As obras acometeranse ao longo de preto de catro quilómetros do viario que conduce a Cedeira, dentro do municipio valdoviñés, «dotándoo de terceiro carril para vehículos lentos, alí onde sexa posible, e coas mínimas afeccións ambientais na zona de protección de Rede Natura», segundo informan o departamento de Ethel Vázquez. Está previsto ensanchar e reforzar o firme da estrada durante algo máis de dous quilómetros.

No outro tramo, de 1,9 quilómetros, rectificaranse as curvas e melloraranse as interseccións ou os cambios de sentido, ademais de aumentar a sección, «habilitando un carril adicional para favorecer os adiantamentos». Infraestruturas aclara que, «aínda que no inicio se van executar carrís adicionais na estrada para favorecer adiantamentos máis seguros, a vía manterá o seu trazado actual ao paso pola canteira e o pequeno val que hai nese punto, para minimizar afeccións». Na canteira suavizarase a curva próxima. A Sociedade Galega de Historia Natural solicitou en xullo á Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia a apertura de dilixencias e a paralización cautelar da ampliación da estrada AC-566, «porque o proxecto afectaría á zona de especial conservación [ZEC] Costa Ártabra e a unha importante poboación dun fento ameazado, Woodwardia radicans».

A Consellería indica que tamén se conservará o trazado actual no tramo final da obra, preto da Ramalleira, para non afectar as edificacións de ambas as marxes. E subliña a importancia da mellora para os desprazamentos (cinco mil vehículos diarios), «máis cómodos e con tempos máis reducidos».

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.