“Xogos perigosos das candorcas preto de Cedeira”. Antón Luaces

Antón Luaces

Os “xogos” -desta vez perto da vila coruñesa de Cedeira- das familias de candorcas ata aquí desprazadas nas última semanas, mobilizaron os equipos de Salvamento Marítimo, que acudiron en auxilio de tres embarcacións a vela que navegaban a escasas millas de Cedeira, en cuxa ría xa se teñen visto exemplares deste cetáceo mariño pero que levaban anos sen aparecer nas augas  desta coñecida vila. Dúas das embarcacións veleiras están a reparar no carro varadoiro local e os seus tripulantes recuperan dos sustos provocados por esa interacción das candorcas que, en absoluto son estimadas polos afectados.

​A abundancia de atún na costa Ártabra retén en augas galegas a, cando menos, unha manda de candorcas (orcas. en castelán) cuxo interese polos barcos de vela e os lemes (timóns) que empregan para a navegación son un atractivo ineludible para, supostamente, os exemplares máis novos do grupo, que actúan con eles como si se tratase dun xoguete.

O Veleiro “Amadeus” no carro varadoiro no Porto de Cedeira a espera de ser amañado

Pouco dempois das cero horas deste luns, a sete millas ó suroeste de Cedeira, a embarcación de recreo Amadeus, con dos tripulantes de nacionalidade francesa, foi sorprendida polos cetáceos (“atacados”, dixeron os afectados na súa comunicación radio con Salvamento Marítimo) cando se dirixían ao porto da Coruña. Non padecen danos persoais, pero sí materias xa que o leme quedou partido. Por este motivo os tripulantes da embarcación solicitaron a intervención de Salvamento Marítimo, que desprazou ao punto no que se atopaba a Amadeus a lancha de salvamento Langosteira que os remolcou a Cedeira, onde se procede, na carro varadoiro, a arranxar os detrozos ocasionados no timón polas candorcas.

O Veleiro “Urki I”, No carro varadoiro no Porto de Cedeira a espera de ser amañado

Posteriormente o veleiro Urki I informou tamén a Salvamento Marítimo do “ataque” de orcas que destrozaron o leme, deixando á deriva a embarcación a unhas 4 millas de Cedeira. Os tripulantes do veleiro, dous españois, informaron pouco dempois das tres da mencida a Salvamento Marítimo de que estaban a ser “atacados” por candorcas que lles romperan o timón. O Urki I dirixíase de Fisterra a Gijón e tivo que ser remolcada pola lancha Langosteira a Cedeira onde, ao igual que a anteriormemnte citada, repara o leme perdido.

Xa pola tarde do luns, pouco dempois das catro, a embarcación Aliana, de bandeira inglesa, comunicaba a Salvamento Marítimo que tiña danado o timón polo “ataque” dun grupo de candorcas. Acudiu no seu auxilio a embarcación Salvamar Betelgeuse.
Os tripulantes destas tres embarcacións de recreo afectadas polas candorcas non sufriron danos.

Link: http://www.obarbanza.gal
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Politica, Politica Local, sucesos, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.