Arrinca unha nova campaña no Sarridal para consolidar a estrutura da sauna castrexa

La Voz de Galicia

A Xunta custea a actuación e o Concello seguirá escavando

A sétima intervención no Campo do Castro, na punta do Sarridal, comezou o venres e continuará ata a segunda semana de outubro, con 22 xornadas de traballo. O arqueólogo Emilio Ramil, da firma AXA Arqueoloxía, está á fronte do equipo que traballa «na posta en valor e na consolidación das estruturas, a maioría escavadas na anterior campaña, e a instalación de elementos separadores para protexer e darlle altura ás construcións, murallas ou zonas de acceso», explica o Concello.

Os traballos céntranse na zona de alimentación do forno da sauna castrexa, «no muro que define o pavimento orixinal de acceso, na muralla [paramento interior e exterior] e no bastión». Participan unha restauradora, un canteiro, tres auxiliares de arqueoloxía e o director. A Xunta financia esta actuación, cun custo de 14.000 euros, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O alcalde, Pablo Moreda, avanza que o Concello sufragará unha nova escavación este ano; e valora o apoio do Goberno autonómico, «porque é importante que a xente saiba como era a vida no castro, e é unha forma de evitar que se deteriore co tempo». Durante a anterior campaña localizouse unha moeda do século I antes de Cristo, que formará parte da exposición de pezas do centro de interpretación que se está habilitando no castelo da Concepción.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.