
Foi creado por Adrián Taracido no peche da escola infantil
Cedeira conta cun novo mural. O sétimo dos creados para «converter a vila nun museo ao aire libre». Unha obra de Adrián Taracido, que colorea o peche da escola infantil. O alcalde, Pablo Diego Moreda, anunciou que haberá novos murais.