Cedeira merca 12 guindastres ortopédicos para mellorar o servizo de axuda no fogar

O Concello de Cedeira acaba de adquirir un total de 12 guindastres ortopédicos para “proporcionar comodidade a aquelas persoas enfermas con problemas de mobilidade e facilitar así mesmo o traballo ao persoal de axuda a domicilio”, segundo apuntou o rexedor municipal, Pablo Diego Moreda.

Esta acción de goberno supuxo un desembolso de 9.900 euros (IVE incluído) e o subministro do material correrá a cargo da empresa Coloro SL, adxudicataria do contrato.

Trátase duns equipos moi útiles para o traslado de enfermos con dificultades de mobilidade, xa que permiten levantar e desprazar ás persoas dependentes practicamente sen esforzo e sen facerlles dano. O seu uso tamén contribúe a mellorar a saúde e prever lesións no lombo das súas coidadoras.

Este novo material súmase ás 17 camas xeriátricas que o Concello foi adquirindo nos últimos tres anos para ceder gratuitamente ás persoas e familias que as necesitan pero que non dispoñen de recursos para adquirilas.

Desde o Concello destácase o esforzo, tanto económico como de recursos, que se está a levar a cabo para dar unha prestación de calidade aos usuarios e usuarias do Servizo de Atención de Axuda no Fogar, atendendo as necesidades individuais de cada un dos enfermos.

Link: http://www.cedeira.gal

Esta entrada foi publicada en Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.