Cedeira retira distincións a Fraga e varios ministros do franquismo

Nun prazo de tres meses e segundo unha decisión adoptada en pleno.

 Manuel Fraga (arquivo/EP).

O concello de Cedeira acordaba no pleno do pasado 2 de outubro iniciar o expediente para, no prazo de tres meses, retirar a Manuel Fraga e outros ministros franquistas as distincións de Fillos Adoptivos, concedidas na ditadura. A moción foi presentada polo BNG, tivo o apoio do PSOE, que ten alcaldía, e o voto en contra do PP, segundo informan desde ‘Galiza pola República’.

Non é a primeira iniciativa aprobada neste concello xa que o pleno de marzo de 2020 aprobaba retirar o nome de a Manuel Fraga a unha das súas avenidas, inaugurada cando era ministro da ditadura, que pasa a chamarse Fraternidade.

Neste pleno de Cedeira acordouse tamén retirar a distinción de Fillo Adoptivo a estes  ministros da ditadura: Pedro Nieto Antúnez, Gonzalo Fernández de la Mora, Salvador Moreno Fernández e José Antonio Girón de Velasco, así como a Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, falanxista, gobernador civil da Coruña (1938-1939) e un dos promotores da Junta pro Pazo del Caudillo.

Desde o Colectivo de Presas e Presos Políticos de Galiza na ditadura “felicitamos a este concello e a outros que están a recoller a proposta que fixemos no manifesto ‘Non queremos ‘ ‘camarada fraga’ como fillo adoptivo’ promovido por 45 presas e apoiado por 64 historiadoras e 56 entidades de toda Galiza, para retirar a Manuel Fraga as distincións concedidas na ditadura.

Así, os plenos de Ferrol de 25 abril de 2019 (votos a favor de Ferrol en Común, PSOE e BNG) e da Coruña, 6 de maio de 2019 (votos favor de Marea Atlántica, PSOE e BNG) aprobaban retirar a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo. 

Hai concellos da Galiza manteñen rúas e distincións a ministros da ditadura: Santiago ten como Fillos Adoptivos a 20 ministros, 8 Ferrol, 7 Lugo, 4 Pontevedra; 7 a deputación da Coruña e 3 a deputación de Pontevedra.

Link: https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/cedeira-retira-distincions-fraga-varios-ministros-do-franquismo/20201005114834106230.html?fbclid=IwAR2DjALgyKwrjCz-HF7vSH2WEW1kdnb7ypTQInSihH2_I9pynZeEYLqg4Kg

Esta entrada foi publicada en Aso. Ced. MemoriaHisto.D., Cedeira, Comarcas, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.