O Museo “Mares de Cedeira”, apoia a investigación dos restos da fragata-correo “San Juan Bautista”, afundida na Costa de Cedeira no ano 1709.

Foto: Mares de Cedeira

A comisión de seguimento do Museo Mares, integrada polo Concello, a Confraría de Pescadores e a Asociación Mares de Cedeira, acordou recentemente darlle o seu apoio ao proxecto presentado polo grupo de investigación Áncora para localizar e recuperar os restos da fragata-correo “San Juan Bautista”, que naufragou no ano 1709 ás portas da ría cando trataba de buscar refuxio no porto local fuxindo da piratería. O alcalde, Pablo Diego Moreda, destacou que a proposta encaixa coa finalidade do Museo Mares, que é “poñer en valor a ligazón entre o pobo e o mar e coñecer mellor as grandes e pequenas historias vencelladas ao noso pasado e presente mariñeiro”.

Dende o Museo, a técnica Lucía Brage explica que o naufraxio do “San Juan Bautista” é un capítulo inédito e moi interesante tanto polo propio pecio como polas circunstancias nas que se produciu. Era un dos primeiros navíos “de aviso”, chamados así por ser barcos pequenos e rápidos, construídos para facer chegar o correo desde as Indias ata España. O buque procedía do Virreinato do Perú e é excepcional que navegara por estas costas, porque habitualmente estes barcos dirixíanse a Sevilla ou os portos do sur.

Coñecemos detalles do naufraxio grazas ao procedemento que lle abriron ao capitán, o vasco Francisco Sorarte, pola perda do correo da Coroa. Naquel expediente consta que o barco fuxía dos piratas e trataba de entrar na ría de Cedeira no medio dun forte temporal que terminou por levalo contra as rochas nunha zona situada entre Pedras Brancas e a pena denominada Con Cagado. As xentes de Cedeira saíron socorrer a tripulación e conseguiron, de feito, salvar a todos os homes salvo un, así como gran parte da carga, que no medio da tormenta puxeron a salvo na capela de Santo Antonio.

O arqueólogo David Fernández Abella é o director do equipo Áncora, no que están tamén buzos profesionais e restauradores. O seu obxectivo fundamental é localizar o lugar no que se afundiu o “San Juan Bautista” e non tanto dar cos restos completos do navío ou recuperar algunha das súas pezas. A previsión é realizar a campaña de inmersións na próxima primaveira.

Link: http://www.cedeira.gal

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Museo Mares de Cedeira, Naufraxios, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.