Carlos Labraña gaña o II Premio Platta – Galicia 2020

Carlos Labraña
Carlos Labraña é o gañador do II Premio Platta de Teatro Breve – Galicia coa peza Descociñando. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.

O xurado –composto por María Armesto, José Breijo “Topo” e Mercedes Pardavila, actuando de secretario con voz pero sen voto Xoán Carlos Riobó, da erregueté– valorou de xeito especial “a prolífica configuración dos personaxes e a identificación con eles, a utilización de mecanismos como a intriga que mantén o interese e a curiosidade da lectora, o uso de metáforas que ilustran os estados de ánimo do peronsaxe principal e o sorprendente final purificador tinxido pola comicidade deste drama”.

Ademais da súa publicación, o texto será o material de traballo das lecturas dramatizadas que terán lugar no mes de novembro dentro do marco do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado.

O autor

Carlos Labraña é un dos autores de teatro infantil e xuvenil máis prolíficos da literatura dramática galega. A pequena compaña, Estrelecer, A fada pirata, Moito Morro Corporation Sociedade Limitada ou O Valo (IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil) son algunhas das súas pezas máis destacadas. Parte activa da Asociación de teatro infantil e xuvenil de España (ASSITEJ) e da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (GALIX), o dramaturgo cedeirense dirixe e interpreta na compañía Os Furabolos as súas pezas.

O certame

O Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas nace en 2019 co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Platta Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Federación Galega de Teatro Afeccionado, Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e erregueté). O premio estrutúrase ao longo do ano en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio PLATTA de Teatro Breve – de Castilla y León (castelán), I Premio PLATTA de Teatro Breve – Galicia (galego), I Prémio PLATTA de Peças Curtas de Teatro – Portugal (portugués). Este texto será o sexto da colección PLATTA de teatro breve editada pola erregueté xunto con:

Amor de corbata, de Antonio Mauriz.
Morreu a tía María, de Xosé Prada.
A importância de se chamar Antônio, de Xacobe Otero.
Voces en limbo, de José Domínguez.
Reencontro, de Rosa E. Gantes.

Link: https://erreguete.gal/2020/10/13/carlos-labrana-gana-ii-premio-platta-galicia-2020/

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.